O IEU na Festa da Afirmación e da Dignidade

O 25 de setembro, nos Cabanóns da praza do Convento da vila de Meira (Lugo), celebrouse a X Festa da Afirmación e da Dignidade, organizada pola Irmandade Manuel María, a asociación Xérmolos e a asociación Avelino Díaz. Este ano foron homenaxeados a escultora Ana Sastre, a título póstumo, e o poeta Xoán Xosé Fernández Abella.

O acto, coordinado por Mero Iglesias, iniciouse coa lectura, por parte de 17 persoas de diferentes colectivos, dun manifesto, como se fai cada ano nesta celebración. Finalizou o acto coas homenaxes a Ana Sastre e Fernández Abella.

Tanto na lectura do manifesto como na homenaxe a Ana Sastre, interveu Francisco Pardo Teijeiro en representación do Instituto de Estudos Ulloáns. O director do IEU discursou sobre obra e a personalidade da escultora (ver http://ieu.gal/falecemento-da-escultora-ana-sastre/), da que se garda moi bo recordo na Ulloa xa que coa súa exposición “As Noas Señoras do Camiño” inauguramos a sala de exposicións do castelo de Pambre. A filla de Ana Sastre recolleu a talla da homenaxe realizada polo artista meirense Manuel Pardo.

Felicitou asimesmo, en nome do IEU, ao poeta Xoán Xosé Fernandez Abella, que participara tempo atrás nun certame poético en Antas de Ulla, e invitou aos asistentes a un novo certame poético que se proxecta celebrar en 2022 na contorna do Monte Farelo.

 

Festa da Afirmación e a dignidade, 25-9-2021

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn