O IEU na homenaxe a Alonso Montero en Vigo

O día 1 de decembro, varios socios do IEU desprazáronse a Vigo para participar na homenaxe ao noso socio honorario Xesús Alonso Montero con motivo de cumprir 90 anos.

Na homenaxe, organizada pola Fundación Premios da Crítica, participaron a Universidade de Vigo, a Real Academia Galega, o Concello de Vigo e o Consello da Cultura Galega. Interviñeron na primeira parte, Víctor Freixanes, presidente da RAG, Abel Caballero, alcalde de Vigo, e o homenaxeado. E na segunda proxectouse o documental de Xan Leira “Cidadán Alonso Montero. O mestre das palabras”. Rematou a homenaxe cun xantar de irmandade.

Foron moitos os lucenses que se uniron á homenaxe. Acudiron tamén socios do Instituto de Estudos Ulloáns  como Gregorio Ferreiro Fente, Emilia García López, Fernando Salgado, Xavier Senín, Germán Fente Pardo e Francisco Pardo Teijeiro.

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn