O IEU na homenaxe a Luis Celeiro no seu nomeamento de Valedor do Camiño 23/4/2022
O 23 de abril de 2022 tivo lugar no mosteiro de Samos (Lugo) o acto de nomeamento de Valedor do Camiño ao xornalista Luis Celeiro. O Instituto de Estudos Ulloáns, como asociación cultural do Camiño de Santiago, adheriuse a esta homenaxe organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos e na que participaron a Mancomunidade de municipios do Camiño, a Academia Xacobea, catro asociacións de xornalistas e once asociacións de Amigos do Camiño. O IEU estivo representado polos socios/as Hilda García Cabanas, Carmen Rodríguez del Toro, Jesús Otero Calvo e Francisco Pardo Teijeiro.
De esq. a der.: Francisco Pardo, Jesús Otero, Luis Celeiro e Hilda García Cabanas