O IEU na homenaxe a Marisol Soengas en Agolada (6/8/2022)

Representantes do IEU participaron o 6 de agosto de 2022 na homenaxe e nomeamento de Filla Predilecta de Agolada á eminente científica Marisol Soengas, organizada polas asociacións Baluarte dos Penedos e Bico da Balouta e polo Concello de Agolada.

Marisol Soengas, científica de prestixio internacional, premiada por numerosas institucións españolas e europeas, é natural de Aldea do Monte (Ventosa, Agolada) pero que ten vínculos familiares tamén con Antas de Ulla. En 2020 o IEU solicitou ao Concello de Antas que se lle dedicase unha rúa en Antas de Ulla.

Interviñeron no acto, ademais dos organizadores, sete asociacións de Agolada e o Instituto de Estudos Ulloáns en representación da Ulloa. O director do IEU fixo na súa intervención unha relación entre os grandes científicos da Historia da Ciencia española e o método de traballlo e as cualidades persoais de de Marisol Soengas.

No evento participaron, con diferentes actuacións, a Coral Polifónica de Agolada, a Banda Municipal de Agolada e o grupo folclórico de Bico da Balouta.

O IEU na homenaxe a Marisol Soengas en Agolada, 6-8-2022

O director do IEU, Francisco Pardo, na súa intervención na homenaxe a Marisol Soengas

Homenaxe a Marisol Soengas en Agolada, 6-8-2022

Manuel Busto, presidente da asociación Baluarte dos pendellos, con Marisol Soengas

Marisol Soengas no acto de noemamento de Filla Predilecta de Agolada, 6-8-2022

Intervención de Marisol Soengas agradecendo á homenaxe e o nomeamento de Filla Predilecta de Agolada

 

La Voz de Galicia 7/8/2022

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn