O IEU na presentación do Proxecto Lugares (castelo de Pambre, 22 marzo 2023)
O mércores 22 de marzo, membros do Instituto de Estudos Ulloáns asistiron á presentación, no castelo de Pambre, do Proxecto Lugares, unha iniciativa promovida pola Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación La Caixa para transformar espazos do Camino de Santiago dun xeito sostenible, mediante a interacción de arquitectura, paisaxe, deseño e artesanía.
O proxecto, enmarcado no Pacto Verde Europeo, será desenvolvido en varias xornadas: os días 18 e 19 de abril no castelo de Pambre (Palas de Rei) nos que intervirán membros do IEU, e os días 20, 21 e 22 nas covas de Larouco (Valdeorras, Ourense).
Interviñeron no acto a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; a responsable territorial da Fundación ‘La Caixa’, Susan Santos; e a comisaria do Proxecto Lugares, Natalia Balseiro.
De esq. a der.: Francisco Pardo (director do IEU), Natalia Balseiro (comisaria do Proxecto Lugares), Pablo Taboada (alcalde de Palas de Rei), Nava Castro (directora da Axencia de Turismo de Galicia), Susan Castro (Fundación La Caixa) e Braulio Vilariño (directivo do IEU).