O IEU na serie documental de TVG “Os Andamios da Historia” (11/6/2022)

O sábado 11 de xuño de 2022 foi emitido pola TVG o capítulo sobre Vilar de Donas (Palas de Rei) da serie documental Os Andamios da Historia

O director do IEU, Francisco Pardo, participou neste capítulo da serie relatando a historia do castelo de Sirgal e a Torre de San Miguel de Penas (Monterroso) e a familia Arias e a relación con Vilar de Donas.

No documental interviñeron, describindo o mosteiro e a igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, o arquitecto José Angel Santos Ferro e José Manuel Pérez Paredes, presidente da asociacion Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas  e socio do IEU.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-andamios-da-historia-3-mosteiro-de-san-salvador-de-vilar-de-donas-5696153

Os andamios da Terra, Camiño de Santiago

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn