O IEU na xornada informativa cultural sobre a mina de Touro

2O domingo 27 de maio veciños e representantes de diversos colectivos da Ulloa, entre os que se encontraba o Instituto de Estudos Ulloáns ( IEU ), visitaron o nacemento do río Ulla, na parroquia de Olveda (Antas de Ulla) en compañía de Plataforma Veciñal contra o proxecto mineiro a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino, dentro unha xornada reivindicativa e festiva e de defensa do noso patrimonio natural.

Comezou a xornada na carballeira de Olveda onde se atopa a fonte Poteira, lugar de nacemento do Ulla. Iniciou o acto o director do IEU, que agasallou aos veciños de Touro cunha botella de auga do manancial que da vida ao río Ulla, e continuou coas intervencións dos poetas Xesús Pereiras (“O teu rumor é unha flor aberta no silencio!”), socio do IEU, e  Ana Vila (“ Dende a fonte Poteira de Olveda un respirar chega a Ria de Arousa”).

A continuación os asistentes á xornada trasladáronse á Casa da Cultura de Antas de Ulla, onde se proxectou o documental de Xosé Bocixa, producido por NOS TV, “A ameaza do cobre”. Ao remate estableceuse un diálogo con Isabel García, representante da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON.

Tras o xantar no complexo gastronómico “As Canteiras” houbo actuacións musicais da Asociación Fiadeira de Antas de Ulla, A Fonte de Merlán de Palas de Rei e Falcatrueiros de Monterroso.

3

 

4

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn