O IEU na XXVII Feira do Queixo da Ulloa
O domingo 5 de maio o Instituto de Estudos Ulloáns participou na XXVII Feira do Queixo da Ulloa, celebrada na Cúpula de Monterroso, coa instalación dun stand no que presentou ao público asistente as súas publicacións, especialmente a revista Cairón, e divulgou as súas actividades culturais, entre elas as exposicións que se levan realizando nestes anos na sala de exposicións do castelo de Pambre e na sala Yebra de Ares da súa sede social en Monterroso (na fotografía pódese ver o stand e os carteis das exposicións; en primeiro plano o director do IEU conversa co pintor Manuel Espiño, que expoñerá proximamente a súa obra no castelo de Pambre).