O IEU no programa Mulleres Rurais da Deputación de Lugo

O luns 27 de setembro foi presentado en Lugo o programa “Mulleres rurais” da Rede Museístíca da Deputación de Lugo, no que participa o Instituto de Estudos Ulloáns coa exposición “A Ulloa. Fotografías centrípetas”, comisariada por Patricia Coucheiro e Susana Varela.

Na presentación, que tivo lugar na mesma sala na que se instalará a exposición do IEU, interviñeron Tareixa Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo; e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo. En representación do Instituto de Estudos Ulloáns interviñeron Susana Varela, como comisaria da exposición, e Hilda García Cabanas, como membro do equipo directivo do IEU.

Susana Varela explicou os obxectivos e os contidos de “A Ulloa.Fotografías centrípetas”, exposición colectiva de catorce fotógrafas que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres ulloás sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa Comarca da Ulloa. Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, comisarias da exposición, proxectan ademais a realización de talleres relacionados coa mesma.

Hilda García Cabanas manifestou a disposición do IEU para colaborar cos programas de actividades da Área de Cultura da Deputación de Lugo e fixo mención ao currículo das comisarias e a transcendencia que esta exposición ten para a comarca da Ulloa.

 

Programa Mulleres Rurais, Rede Museística Galega

 

 

Presentacion programa Mulleres Rurais, Deputación Lugo

Intervención de Tareixa Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo, na presentación do programa “Mulleres rurais”. Á dereita, as representantes do Instituto de Estudos Ulloáns, Susana Varela Negro e Hilda García Cabanas.

 

A presentación do programa “Mulleres Rurais” da Rede Museístíca da Deputación de Lugo tivo unha ampla repercusión nos medios.

El Progreso  28/9/2021: https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/red-museistica-celebra-talleres-exposiciones-visibilizar-mujer-rural/202109281252351527991.html

Nova Crónica 3 28/9/2021: https://www.cronica3.com/2021/09/a-rede-museistica-presenta-unha-programacion-ligada-as-mulleres-rurais-con-diferentes-exposicions-e-obradoiros-creativos-nos-vindeiros-tres-meses/

El Progreso 28-9-2021

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn