O IEU no XCV aniversario de Xesús Alonso Montero (Santiago, 29/11/2023)

Membros do Instituto de Estudos Ulloáns asistiron á celebración, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, do XCV aniversario do recoñecido filólogo Xesús Alonso Montero, catedrático emérito da minerva compostelá, ex presidente da Real Academia Galega e socio honorario do IEU.

Interviñeron no acto o reitor da USC, Antonio López Díaz, os catedráticos Elías Feijoo, Francisco Cidrás e Dolores Vilavedra, e o homenaxeado, Xesús Alonso Montero, que despois de dar as grazas a cada unha das diferentes institucións e asociacións alí representadas, entre elas o IEU, impartíu unha excelente conferencia na que reivindicou a figura do profesor Alfredo de la Iglesia (1871-1933), autor do primeiro manual, inédito, sobre a Historia da Literatura Galega (1919).

Finalizou o acto cun fermoso recital de Amancio Prada, que fixo agarimosas referencias a Xesús Alonso Montero e cantou no seu honor poemas do trobador galego medieval Mendiño e da poeta Rosalía de Castro.

24
De esq. a der.: Dolores Vilavedra, Xesús Alonso Montero, Antonio López Díaz, Elías Feijoo e Francisco Cidrás.

Membros do IEU na celebración 95 cumpreanos de Xesús Alonso Montero, Santiago, Facultade Filoloxia, USCDe esq. a der.: Xosé Luis Santiso, Fernando Salgado, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro e Francisco Pardo

Amancio Prada na celebración do 95 cumpreanos de Xesús Alonso Montero, Samtiago, Facultade de Filoloxía USCActuación de Amacio Prada cantando a Mendiño e a Rosalía de Castro

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn