O IEU promociona o Camiño Santo na CRTVG

Un dos obxectivos do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) para os años 2020 e 2021 é o estudo, a divulgación, a recuperación e a protección do Camiño Santo.

A primeira investigación sobre o Camiño Santo foi realizada pola historiadora do IEU María José Gómez Alvite, que recentemente realizou novos estudos cos que perfilou con precisión cada detalle da ruta e que se darán a coñecer nos próximos meses. Para finais de 2020 e durante todo o Ano Santo 2021, o IEU tiña programadas unha serie de conferencias de Gómez Alvite, acompañadas de concertos de música tradicional da Ulloa, ao longo do Camiño Santo e do Camiño francés, pero debido á COVID-19 tiveron que ser aprazadas ao 2022 na súa maior parte.

Dentro da liña divulgativa do IEU, María José Gómez Alvite foi entrevistada recentemente na radio galega, nunha clarificadora e amena entrevista que foi emitida pola CRTVG o 23 de outubro de 2020 e que se pode reproducir no enlace

http://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-23-10-2020-4622152?t=801

 

castelo de Pambre, fotografía de Patricia Coucheiro, Instituto de Estudos UlloánsO Camiño Santo na contorna do castelo de Pambe. (Fotografía de Patricia Coucheiro)

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn