O IEU recupera os Cantares de cego da Feira de Santos

  O Instituto de estudos Ulloáns participa con actividades culturais en diferentes feiras comarcais, como as Feiras do Libro, Feiras do Queixo da Ulloa, Feira dos Bicos. E non podía faltar na feira das feiras que é a de Santos de Monterroso.
   Este ano 2019 organiza, en colaboración co concello de Monterroso, os Cantares de Cego, recuperando unha vella tradición e a idiosincrasia da nosa feira. Cóntase coa actuación do socio do IEU, o escritor, poeta e cantor Toño Núñez; do animoso acordeonista Xosé Manuel Miguélez, de Santo Xusto de Repostería; e do pícaro máis ocorrente, Brais Gayoso. Tres personaxes que darán moito que falar.
    As actuacións, como se facía tradicionalmente, non terán lugar nun espazo único nin a unha hora determinada, senón que os actores percorrerán a feira, e alí onde haxa un lugar axeitado e concorrido interpretarán os seus romances.
    Máis información en http://ieu.gal/actuacions/
   cartaz Cantares de Cego, Feira de Santos, Monterroso, Instituto de Esudos Ulloáns IEU
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn