O IEU solicita a declaración do Centro Xeográfico de Galicia como BIC

o luns 24 de febreiro o Instituto de Estudos Ulloáns entregou no rexistro da Xunta de Galicia unha solicitude de incoación dun procedemento de declaración do Centro Xeográfico de Galicia como Ben de Interese Cultural.

O 22 de novembro de 2019, a instancias do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), o Instituto Geográfico Nacional (IGN) do Ministerio de Fomento emitiu o informe oficial da localización definitiva do Centro Xeográfico de Galicia, que situou na aldea de Nugallás, parroquia de San Fiz de Amarante, concello de Antas de Ulla.

O 19 de decembro de 2019 o IEU, nunha rolda de prensa na Asociación da Prensa de Lugo, deu a coñecer aos medios o citado informe do IGN.

E finalmente, en febreiro de 2020, o IEU elaborou un informe técnico cunha proposta sobre a protección e adquisición da parcela na que se sitúa o Centro Xeográfico de Galicia, que foi enviado á Consellería de cultura da Xunta de Galicia solicitando a súa declaración como Ben de Interese Cutlural na categoría de paisaxe cultural, así como ao Concello de Antas de Ulla e á Deputación de Lugo para que procedan á súa intervención neste enclave.

Centro Xeográfico de Galicia, Ben Interese Cultural, Instituto de Estudos Ulloáns, El Progreso

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn