O IEU VISITA MEDINA DEL CAMPO
Representantes do Instituto de Estudos Ulloáns e do Concello de Monterroso, acompañados por un grupo de veciños, visitaron o sábado 28 de abril a cidade de Medina del Campo.
O motivo da visita foi coñecer a “Fundación Museo de las Ferias”, único centro existente na península Ibérica sobre as feiras e mercados.
Da tradicional Feira de Santos de Monterroso hai constancia documental da súa existencia desde máis de 800 anos é a única que podemos decir que sigue viva na actualidade.
Dende fai tempo, co asistencia técnica da coordinadora da sección de historia do IEU, María José Gómez Alvite, proxéctase a creación en Monterroso dun Centro de Interpretación das feiras galegas de similares características, adaptado a nosa realidade socio-económica, entendendo que será un importante elemento dinamizador e xenerador de economía na comarca da Ulloa.