Inauguración da exposición de Seara “Interior” no castelo de Pambre

      O sábado 6 de outubro tivo lugar na sala de exposicións do castelo de Pambre (Lugo) a inauguración da exposición de José Luis Seara “Interior”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns, que permanecerá instalada ata o 30 de decembro. Interviñeron na presentación o comisario da exposición Braulio Vilariño, o director do IEU e o propio pintor. Ao rematar, os asistentes foron invitados no mesmo castelo a un aperitivo ofrecido polo Balneario Oca Río Pambre. Máis información.

Exposición Seara no castelo de Pambre. IEU

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn