“Paisaxes de Antas de Ulla” Exposición de Andrés González Shuttleworth no castelo de Pambre (11/8 ao 19/9/2020)
Andrés González Shuttleworth amósanos unha serie de óleos baseados na temática da paisaxe que nos rodea, a súa técnica parte de esbozos e fotografías, para continuar traballando no estudo, combinando con obras en plain air, busca a inmediatez do trazo e da cor, capturando efectos de luz e atmosfera.
Andrés González Shuttleworth mostra os seus óleos de paisaxes de Antas de Ulla
Inauguración da exposición “Paisaxes de Antas de Ulla”. De esq. a dereita, a fotógrafa Patricia Coucheiro, o pintor Andrés González Shuttleworth e o comisario da exposición, Braulio Vilariño.