“Só paisaxes, sós” Exposición de Kukas no castelo de Pambre (2/11/2019- 17/1/2020)
A exposición do pintor compostelano Kukas “Só paisaxes, sós”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns con subvención de O Teu Xacobeo, permanecerá instalada na sala de exposicións do castelo de Pambre do 2 de novembro de 2019 ao 17 de xaneiro de 2020.
O artista multidisciplinar Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas), trae ao castelo de Pambre unha mostra de mariñas e de paisaxes galegos de intenso colorido e forza expresiva. A exposición está comisariada por Braulio Vilariño e os dípticos e carteis foron deseñados por Azucena Souto (Deseño Gráfico Dú-as). Máis información.