“Pambre, a arca de pedra”, exposición colectiva no castelo de Pambre (10/6/2022 ao 31/8/2022)
Do 10 de xuño ao 31 de agosto de 2022 estará instalada no castelo de Pambre a exposición colectiva PAMBRE, A ARCA DE PEDRA, comisariada pola galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño, que xira en torno á figura animal e a actividade agrícola desenvolvida no propio castelo durante séculos.
Dende ángulos moi diferentes, os artistas que participan neste proxecto amósannos a súa particular visión do mundo animal con estilos e soportes moi diversos. Pódense ver esculturas de Álvaro de la Vega, Camilo Seira, Óscar Aldonza, Paulo Neves, Xoán Vila e Alberto Gulías; pinturas de Julio Sanjurjo, Seara, Correa Corrredoira, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macía, Peña Romay, Adolfina Mesa, Lomarti e Andrés. G. Shuttleworth, e fotografías de Edu Valiña, Peter Schneider e Xosé Reigosa.
Os carteis e dípticos, como en anteriores exposicións organizadas polo IEU no castelo de Pambre, foron deseñados por Azucena Souto (Dú-as).