Patricia Coucheiro coordina un proxecto de fotógrafas na Ulloa

O Instituto de Estudos Ulloáns convoca un certame de fotografía dirixido a mulleres vencelladas á comarca da Ulloa. As Propostas Fotográficas deben partir dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa.
Farase una selección dos traballos propostos co fin de organizar una exposición colectiva nun espazo cultural de Lugo, para a que se editará un libreto informativo que contextualice cada una das propostas no seu marco de referencia procurando dar cabida á reflexión das autoras e dende as perspectivas social, histórica, pedagóxica ou territorial.
O proxecto está coordinado pola fotógrafa ulloana Patricia Coucheiro, profesora de filosofía no ensino secundario público, licenciada en Comunicación Audiovisual (Especialidade Guión e dirección cinematográfica) pola Universidade de Santiago, mestrada en Arte Contemporánea (Creación e investigación) pola Universidade de Vigo, e cursando na actualidade o mestrado en Antropoloxía na UNED.
Propostas fotográficas na Ulloa, Patricia Coucheiro, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn