“Perú: Camino INKA” exposición de fotografía de Xosé Manuel Pérez Paredes no castelo de Pambre
Exposición de fotografías de Xosé Manuel Pérez Paredes ” Camiños de natureza, cultura e peregrinaxe. Perú: Camino INKA”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e que permanecerá instalada na Sala 2 do castelo de Pambre do 19 de outubro ao 14 de decembro de 2019.