“Pintor no Taller” exposición de Correa Corredoira no castelo de Pambre (8 feb-3 abril 2020)
Do 8 de febreiro ao 3 de abril de 2020 permanecerá instalada na sala 1 do castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición de Correa Corredoira “Pintor no Taller”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e comisariada por Braulio Vilariño.
Trátase da primeira dunha serie de exposicións dos artistas que integraron o grupo Atlántica e que finalizará no outono cunha retrospectiva de todo o grupo. Estas exposicións de arte contemporánea galega, organizadas no castelo de Pambre polo Instituto de Estudos Ulloáns, están subvencionadas por O Teu Xacobeo. Os dípticos e carteis están deseñados por Azucena Souto.