“Por Feiras e Mercados” exposición na sede do IEU en Monterroso

A exposición “Por Feiras e mercados. Ver, mercar, vender…” cedida ao Instituto de Estudos Ulloán  pola Xefatura de Cultura de Lugo da Xunta Galicia permanecerá aberta ao público na sala “Yebra de Ares” da sede do IEU en Monterroso do 27 de xullo ao 2 de setembro de 2018 e volverá a abrir o 1 de novembro con motivo da Feira de Santos.

Consta a exposición, deseñada polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo con fondos propios, de 60 fotografías de escenas e protagonistas das feiras da provincia de Lugo, moitas delas da feira de Monterroso, realizadas nos anos 50 e 60 polo prezado fotógrafo e reporteiro gráfico José Luis Vega, fotógrafo do xornal El Progreso de 1940 a 1978.

Por Feiras e Mercados, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU, Monterroso

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn