Premio da Crítica 2022 a María Varela
Foille concedido o Premio da Crítica 2022 na modalidade de Cultura Gastronómica á socia fundadora do IEU María Varela, alma máter de Parada de Bestas, o complexo turístico e gastronómico de Pidre (Palas de Rei), un dos máis destacados referentes do turismo rural en Galicia.
María Varela foi embaixadora da nosa cociña en numerosos salóns gastronómicos nacionais e internacionais, nos que tivo gran recoñecemento. En 2012 foi galardoada co premio de Excelencia á Innovación para mulleres rurais, en 2013 o de Alimentos de España a la Restauración e actualmente é membro do Grupo Nove, o que a sitúa na testeira da restauración galega.
A súa cociña, sen perder as raices na contorna e na tradición da Ulloa, é unha cociña contemporánea asentada na innovación, a produción de cercanías, a sustentabilidade e o respeto ao medio, e que contribúe a consolidar a identidade cultural da nosa comarca e do rural galego.