Premio Son d´aldea 2018 ao Instituto de Estudos Ulloáns

O 1 de setembro de 2018, durante a celebración do festival Son d´aldea na aldea lucense de Santiago de Albá, foi entregado ao Instituto de Estudos Ulloáns o premio Son d´aldea 2018 como recoñecemento ao seu labor como axente dinamizador da cultura na comarca da Ulloa.

O premio Son d´aldea 2018 foi recollido, en nome do Instituto de Estudos Ulloáns, polo seu director, Francisco Pardo. No mesmo acto, Carlos Callón recibiu o premio Careón e o grupo Chévere o premio Mácara, concedidos na XX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei.

Premio Son daldea 2018 ao Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn