Presentación do libro de Xulio Pardo de Neyra “Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única”
![Presentación Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero, Xulio Pardo de Neyra, Instituto de Estudos Ulloáns, Monterroso](http://ieu.gal/wp-content/uploads/2019/08/Presentación-Á-sombra-de-María-Silgar-Carvalho-Calero-Xulio-Pardo-de-Neyra-Instituto-de-Estudos-Ulloáns-Monterroso.jpg)
O sábado 10 de agosto de 2019, na sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso, tivo lugar a presentacióndo libro do noso socio Xulio Pardo de Neyra “Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a historia única”, biografía do escritor e filólogo ao que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2020.
Nesta biografía de Carvalho Calero, sen dúbida a máis completa e esclarecedora publicada ata a data, Xulio Pardo de Neyra describe a vida e analiza o obra do escritor galeguista nos diferentes contextos nos que viviu e descúbrenos as influencias e a transcendencia da súa dona, a escritora Mª Ignacia Ramos, que asinaba os seus traballos literarios co pseudónimo “María Silgar”.
Presentaron o libro a filóloga e historiadora do IEU, María José Gómez Alvite; o alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas; o director do IEU, Francisco Pardo Teijeiro; e o autor do libro, o escritor, filólogo e historiador Xulio Pardo de Neyra.
![Presentación A sombra de Maria Silgar, Xulio Pardo de Neyra, Instituto de EStudos Ulloáns](http://ieu.gal/wp-content/uploads/2019/08/Presentación-A-sombra-de-Maria-Silgar-Xulio-Pardo-de-Neyra-Instituto-de-EStudos-Ulloáns.jpg)
![Presentación biografía Carballo Calero, Xulio Pardo de Neyra, Instituto de Estudos Ulloáns](http://ieu.gal/wp-content/uploads/2019/08/Presentación-biografía-Carballo-Calero-Xulio-Pardo-de-Neyra-Instituto-de-Estudos-Ulloáns.jpg)