Presentación de Cairón 6 en Antas de Ulla

O sábado  21 de xaneiro de 2023 ás 18,00 h, foi presentada na Igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla o número 6 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Presidiu o acto a deputada Pilar García Porto, responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, e contouse coas  intervencións de Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns, en substitución de Hilda García Cabanas, así como da historiadora Susana Varela Negro,  e do poeta Xosé Luis Santiso, autores de artigos e creación literaria neste número de Cairón.

Presentación de Cairon 6 en Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

 

Presentacion Cairón 6, Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn