Presentación de Cairón 7 en Antas de Ulla (13/1/2024)

O sábado 13 de xaneiro de 2024 ás 18 h foi presentado na Casa de Cultura de Antas de Ulla o número 7 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

O acto, coordinado polo poeta seoanés Xosé Luis Santiso, contou coas intervencións de Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla e responsable da área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo; Paula Carballeira, escritora e actriz; Teresa Batán, bibliotecaria e dinamizadora cultural; Xulio Cuba, historiador; e Francisco Pardo, director do IEU.

Iniciouse a presentación coa actuación da actriz Vanesa Ferreiro, que interpretou un fragmento de Acto único. Un cabaré do máis normal, obra teatral inédita escrita por Paula Carballeira e cedida pola autora para a súa publicación en Cairón nº 7. Esta peza teatral xa fora representada en 2019 polo Grupo de Teatro de Antas de Ulla, impulsado por Teresa Batán, baixo a dirección da propia escritora.

Máis información

“Un orónimo ilustre: Cairón”Artigo de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia (19/1/2024)

Presentacion de Cairon 7 en Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

Presentacion de Cairon 7 en Antas de Ulla, IEU, 2024De esq. a der.: Xosé Luís Santiso, Xulio Cuba, Francisco Pardo, Pilar García Porto, Paula Carballeira e Teresa Batán

Presentacion de Cairon 7 en Antas de Ulla, xan 2024

24

24

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn