Presentación de Cairón 7 en Palas de Rei (27/1/2024)

O sábado 27 de xaneiro de 2024 ás 12 h., coincidindo coa festividade de San Tirso, patrón de Palas de Rei, foi presentado no Salón de plenos da Casa do Concello o número 7 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron na presentación Carmen Rodríguez del Toro, médica psiquiatra, autora do artigo “Bernardino Pardo Ouro, un xinecólogo palense na historia da medicina de Galicia”; Xosé Luís Otero Cebral, escritor e etnógrafo, autor do artigo “Os pelegríns, protagonistas no EcceHomo”; Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU; e Francisco Pardo Teijeiro, director do IEU.

Máis información

“Un orónimo ilustre: Cairón”Artigo de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia (19/1/2024)

Presentación de Cairon 7 en Palas de ReiDe esq. a der.: Carmen Rodríguez del Toro, Xosé Luís Otero Cebral, Francisco Pardo Teijeiro e Braulio Vilariño Varela

Presentación de Cairón 7, Palas de Rei

 

Presentacion Cairon 7 en Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn