Presentación de Cairón 8 en Palas de Rei (11/5/2025)

O domingo 11 de maio ás 12 h foi presentado no Salón de plenos da Casa do Concello de Palas de Rei o número 8 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron no acto Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU; Fernando García Penas, coordinador da Sección de Literatura do IEU; e Francisco Pardo, director do IEU, autor do artigo publicado en Cairón 8 co título “A paisaxe emocional do Camiño de Santiago na Ulloa”.

Ao rematar as intervencións tivo lugar un interesante debate entre o público asistente.

Índice Cairón nº 8

Máis información

Cairón 8, Palas de Rei, IEUDe esq.a der.: Fernando García Penas, Francisco Pardo e Braulio Vilariño

Cairón 8, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

 

Cairon 8 Palas de Rei web

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn