Presentación de Cairón e visita guiada ao castelo de Pambre (venres 17 de xullo de 2020)

FRANCI~1

O venres 17 de xullo tivo lugar no castelo de Pambre (Palas de Rei) do número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Iniciou a presentación Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns, que tivo unhas palabras de lembranza de Daniel de Pimpón, o último caseiro dos bens do castelo de Pambre, recentemente falecido. A continuación interviñeron Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU, que realizou unha referencia a cada un dos artigos publicados neste número de Cairón; Jesús Otero Calvo, vicedirector do IEU e exalcalde de Monterroso; o doutor Fernando pensado, ex alcalde de Palas de Rei, que falou da riqueza patrimonial da Ulla e reclamou a recuperación das pezas arqueolóxicas  palenses espalladas por toda a comunidade e a creación dun museo comarcal en Palas;  e finalmente Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei.

Continuou o acto cunha visita ao castelo guiada por Francisco Pardo. Ao remate da visita, no patio de armas, a carón da vella eira, o poeta Toño Núñez recitou un poema da súa creación e outro do poeta Paco Ledo, e seguidamente Braulio Vilariño e a actriz Mónica Pérez Souto interpretaron a peza teatral inspirada na vida de don Sancho Sánchez de Ulloa e a súa dona Tareixa de Zúñiga, titulares do castelo e do señorío de Ulloa no século XV, da que é autor o escritor palense Fernando García Penas.

Francisco Pardo, visita guiada ao castelo de Pambre, presentación de Cairón 4, Instituto de Estudos Ulloáns, concello de Palas de Rei

 

O poeta Toño Núñez, presentación Cairon 4, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, concello de Plas de Rei

Interpretación teatral de Mónica Pérez Souto e Braulio Vilariño, presentación de Cairón 4, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, concello de Palas de Rei

Presentación Cairon 4, Intituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre, concello de Palas de Rei, deputación de Lugo

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn