Presentación de Cairón en Antas de Ulla (sábado 18 de xullo 2020)

O sábado 18 de xullo tivo lugar na igrexa románica de Antas de Ulla (igrexa vella) a presentación do número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Presentación Cairón 4 en Antas de Ulla, Pilar García Porto, Deputación de Lugo, Xurxo Mouriño, Instituto de Estudos Ulloáns, Xosé Lois García, Pilar García Porto, Javier Dieguez

Actuou como moderador o biólogo Xurxo Mouriño, membro da Xunta de Goberno do IEU. Iniciou as intervencións Xurxo Mouriño, que fixo unha magnífica exposición de cada un dos artigos publicados na revista; a continuación interveu a política seoanesa Pilar García Porto, deputada provincial, que resaltou a transcendencia do artigo do xornalista Fernando Salgado sobre os primeiros alcaldes franquistas de Monterroso e do de Francisco Armas sobre a emigración e o retorno en Antas de Ulla; seguidamente interveu o escritor e historiador chantadino Xosé Lois García, que falou do simbolismo na arte románica e agradeceu a Javier Diéguez as facilidades dadas para visitar todas as igrexas románicas do concello de Antas de Ulla estudadas, e finalmente clausurou o acto o párroco de Antas de Ulla, Javier Diéguez, cunha culta e amena disertación sobre a interacción da relixión, a arte e a cultura.

Presentación Cairón 4, Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns, Deputación de Lugo

 

 

Presentación Cairón 4, Antas de Ulla, Instituto de Esrudos Ulloáns, Deputación de Lugo

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn