Presentación de Cairón n. 4 en Monterroso (4/07/2020)
O sábado 4 de xullo foi presentado o número 4 de Cairón na sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso. A revista foi presentada polo xornalista Fernando Salgado e polo director do IEU, Francisco Pardo. Por motivos laborais non puido asistir o director de Cairón, o tamén xornalista Daniel Salgado.
Tras a intervención dos presentadores, iniciouse un coloquio co público asistente, no que se abordaron temas referidos a esta publicación, entre eles a posibilidade de dixitalizar os primeiros números de Cairón.
Finalizou a presentación coas intervencións do escritor Fernando García Penas, que leeu un fragmento da súa peza teatral Benvida á Torre de Pambre, e do poeta chantadino Paco Ledo, que leeu un dos seus poemas, publicados ambos neste número da revista.