Presentación de Cairón en Palas de Rei e Antas de Ulla

O xoves 29 de marzo de 2018, na sala de conferencias do centro comarcal A Ulloa de Palas de Rei, foi presentado o segundo número de Cairón. A presentación, a cargo de Xosé de Castro, secretario do IEU, e de Braulio Vilariño, vogal e coordinador de exposicións do Instituto, contou coa actuación musical de guitarra clásica de Manuel Escariz. Ao rematar as súas intervencións, abriuse unha quenda de preguntas entre o numeroso público asistente.

CaironII

Dous días despois, o 31 de marzo, na palloza do complexo hostaleiro de As Canteiras de Antas de Ulla, a modo de “café literario”, tivo lugar a última presentación do segundo número de Cairón na Ulloa, na que interviñeron a fotógrafa Patricia Coucheiro e o historiador Francisco Pardo, autores de artigos publicados nesta revista, que estableceron un diálogo co público mentres desfrutaban do seu café.
C airon 2 Antas

Cairon 2 Antas 2

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn