Presentación de Cairón n 3 en Palas de Rei

O domingo 24 de marzo de 2019 foi presentado no Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei o terceiro número de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Na presentación interviñeron os poetas e escritores palenses Toño Núñez e Fernando García Penas, autores neste número de Cairón, que recitaron os seus poemas; o responsable de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns, Braulio Vilariño, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada. Tras a intervencións estableceuse co público asistente un animado coloquio.

 

 

Cairón 3 presentacion Palas de Rei, Instituto Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn