Presentación de Cairón na III Feira do libro de Monterroso

 

Presentacion Cairón 2, Feira do Libro de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns, IEUO sábado 17 de marzo o filólogo Gregorio Ferreiro (coordinador da sección de Filoloxía do IEU) e Daniel Salgado (director de Cairón) presentaron o segundo número de Cairón na III Feira do libro de Monterroso, organizada pola asociación 25 xastres e polo Concello de Monterroso.
Daniel Salgado, responsable da liña editorial da revista do IEU, falou do éxito acadado polo anterior número e pola continuidade na calidade dos artigos do segundo, no que foi engadida unha sección de creación literaria.
Rematou a presentación, pechando á Feira, Gregorio Ferreiro, que falou do amor á nosa terra, da necesidade de coñecer con profundidade o noso patrimonio para poder querelo e defendelo.
O IEU instalou no recinto feiral da “Cúpula” un stand (nun espazo compartido coa editorial Chan de Pólvora) coas publicacións realizadas ata a data, no que Braulio Vilariño, Xosé de Castro e Francisco Pardo atenderon a socios e visitantes.

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn