Presentación de Cairón nº 5 en Antas de Ulla (7/11/2021)

O domingo 7 de novembro de 2021 tivo lugar, na fermosa Vella Igrexa de San Xoán de Antas de Ulla, a presentación do número 5 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron na presentación José Luis Santiso, representante do Instituto de Estudos Ulloáns e coautor do artigo “O 125 aniversario da banda de música de Antas de Ulla”; Pilar García Porto, Deputada da Área de Réxime Interior Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo; Xurxo Mouriño, biólogo consultor ambiental e coautor do artigo “Catálogo aberto da fauna de vertebrados da comarca da Ulloa”; Xulio Cuba Orosa, historiador e autor do artigo “Memoria dun episodio agrarista: o cura Luna, párroco de Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla), 1921”; e finalmente o poeta Paco Ledo, que recitou os seus poemas publicados na revista.

A presentación de Cairón 5 en Antas de Ulla en Youtube

“Cairón, o foro da cultura ulloá”. El Progreso (31/11/2021)

Índice de Cairón nº 5 en pdf

 

Presentación de Cairón en Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

     De esq. a der.: Xulio Cuba, Paco Ledo, Xosé Luis Santiso, Pilar García Porto e Xurxo Mouriño.

Presentación Cairon 5 en Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

Intervención do historiador Xulio Cuba na presentacion de Cairón 5 en Antas de Ulla

Presentación Cairon 5, Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn