Presentación de Cairón nº 5 en Palas de Rei (7/11/2021)

O domingo 7 de novembro de 2021, no salón de plenos da Casa do Concello de Palas de Rei, tivo lugar a presentación do número 5 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron na presentación Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; Rubén Camilo Lois, catedrático de Análise Xeográfica Rexional e autor do artigo “A Ulloa: a actividade agraria, entre o produtivismo e pos produtivismo”; Adrián Galero, politólogo especialista en economía solidaria e autor do artigo “Cara a unha Ulloa agropolitana. O cooperativismo” ; Horacio García, xeógrafo e autor do artigo “Onde nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes”; e Braulio Vilariño, presentador e coordinador da sección de exposicións do IEU.

“Cairón, o foro da cultura ulloá”. El Progreso (31/11/2021)

A presentación na prensa

Índice de Cairón nº 5 en pdf

Presentación de Cairón en Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

De esq. a der.: Adrián Gallero, Rubén Lois, Pablo Taboada, Horacio García, Francisco Pardo e Braulio Vilariño.

Presentación de Cairon 5 en Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

 

Presentación Cairon 5, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn