Presentación de Cairón no Cárcere Vello de Lugo

XSAM_6577O sábado 7 de abril o Instituto de Estudos Ulloáns presentou o segundo número de Cairón no auditorio do Cárcere Vello de Lugo, centro cultural da capital lucense.
Interviñeron na presentación o expresidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, socio honorario do IEU; o xornalista Daniel Salgado, director de Cairón, e Francisco Pardo, director do IEU.
Inicióu as intervencións Francisco Pardo, que falou da importancia da revista Cairón para a comarca da Ulloa. A continuación, Daniel Salgado describiu os contidos do segundo número de Cairón, nomeando a cada un dos autores dos artigos. E finalmente, Xesús Alonso Montero destacou a transcendencia da continuidade da revista do Instituto de Estudos Ulloáns e disertou maxistralmente sobre as cántigas populares.

LLXXSAM_6582
SAM_6584
(Fotografías de Xosé de Castro)

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn