Presentación de Cairón nº3 na IV Feira do libro de Monterroso

O sábado 16 de marzo foi presentado na IV Feira do Libro de Monterroso o terceiro número de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Coa participación de numeroso público, interveu na presentación en primeiro lugar o director do IEU, Francisco Pardo Teijeiro, seguido de Patricia Arias, da Fundación Otero Pedraio, autora do artigo “Amadeo Varela Rodríguez”, e de Daniel Salgado, director de Cairón. Finalizou as intervencións o prezado filólogo Xesús Alonso Montero, socio honorario do IEU e autor do artigo “Lembranza e gabanza de don Amando Losada”, que despois de facer unha referencia aos artigos publicados e a transcendencia da edición da revista, lembrounos o significado do seu título, a palabra coa que o poeta Lourenzo Varela agasallou ao exército liberador de París, e rematou a súa intervención cun sonoro ¡Viva Cairon!

Presentación Cairon n 3, IV Feira do libro de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn