Presentación do libro de Brais Vázquez Lamazares “Acordanza” (Monterroso 27/6/2026, Antas de Ulla 29/6/2026)
O sábado 27 de xuño de 2026 ás 20,30 h foi presentado, no Centro Sociocultural de Monterroso, “Acordanza. O libro do recordo nos deportes”, libro do socio do IEU Brais Vázquez Lamazares. Foi presentado polo xornalista Daniel Salgado, exdirector de Cairón e socio de honor do IEU.
E o luns 29 de xuño ás 20,30 h., na Casa da Cultura de Antas de Ulla, foi presentado o libro polo xornalista deportivo da Radio Galega Alfonso Pardo.
En ambos actos, ás 20,00 h, abrirase a exposición “Ver e recordar”, baseada nas coleccións do autor.
No seu libro, Brais Vázquez relaciona os grandes fitos do deporte mundial, e a transcendencia do deporte local, coa identidade, a historia e os costumes do rural e as súas vivencias persoais.
O deseño da portada é do debuxante Carlos Vila.
Colaboraron na organización e presentación os directivos do IEU Francisco Pardo, en Monterroso, e Xosé Luís Santiso en Antas de Ulla.

Exposición e presentacion en Antas de Ulla. De esq. a der.: Xosé Luís Santiso, Brais Vázquez Lamazares e o xornalista deportivo Alfonso Pardo




