Presentación do libro de X L Outes “Feixe de flores para Galicia” (Palas de Rei, 23 maio 2026)
O sábado 23 de maio de 2026 o IEU presentará, no salón do Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei, o libro de Xosé Luis Outes “Feixe de flores para Galicia”, presentado polo xornalista Fernando Salgado.
X L Outes, excatedrático de economía da Universidade de Vigo, ofrécenos no seu libro unha serie de propostas para facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.




