Presentación de Cairón nº 6 en Palas de Rei
O sábado 21 de xaneiro foi presentado o nº 6 de revista Cairón 6 en Palas de Rei. A presentación tivo lugar ás 12,30 no salón de plenos do concello, coas intervencións de Pablo Taboada, alcalde de Palas e deputado provincial; Francisco Pardo Teijeiro, director do Instituto de Estudos Ulloáns; o galerista Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU; o biólogo Xurxo Mouriño, coordinador de medioambiente do IEU, e o poeta Arturo Regueiro, que recitou os seus poemas inspirados na Ulloa.
De esq. a der.: Arturo Regueiro, Xurxo Mouriño, Pablo Taboada, Francisco Pardo e Braulio Vilariño.