Presentación en Antas de Ulla do libro “Achegas á simboloxía do románico da Ulloa” 23/7/2022

O sábado 23 de xullo ás 19,00 h, na igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla, foi presentado o libro do historiador chantadino Xosé Lois García Achegas á simboloxía do románico da Ulloa.

Escritor, tradutor, poeta, editor, crítico de arte e historiador, Xosé Lois García é un intelectual polifacético que cultiva con éxito a poesía, o ensaio, a narrativa, o teatro e a literatura infantil e xuvenil. Supera como autor os oitenta libros publicados en galego, castelán, portugués e catalán, mais son de salientar as súas publicacións sobre a simboloxía do románico xa que, polos seus excepcionais coñecementos dos textos bíblicos e da iconografía románica, é un recoñecido especialista neste ámbito.

O seu carácter universalista e o seus estreitos vínculos co mundo lusófono convérteno en hábil construtor de pontes: entre África e a Península Ibérica, entre a Península e América, entre Catalunya e Galicia, entre patrias e diásporas, entre as culturas galega e española e as lusófonas. Con este libro parece estar a levantar una nova ponte, esta vez entre A Ulloa e a Ribeira Sacra, comarca sobre a que leva publicado varias obras sobre a simboloxía do románico de Pantón (1999), de Sober (2008), de Chantada (2010) e de O Saviñao (2015). Coas súas interpretación da simboloxía das igrexas románicas da Ulloa pon de manifesto a continuidade cultural e arquitectónica entre ambas comarcas.

Editado polo Instituto de Estudos Ulloáns e financiado pola Área de Turismo da Deputación de Lugo, Achegas á simboloxía do románico da Ulloa recolle tanto os artigos de Xosé Lois publicados en varios números de Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns, como novas investigacións sobre a simboloxía amosada en 44 igrexas románicas da Ulloa, tanto de Antas de Ulla como de  Monterroso e de Palas de Rei. Trátase dunha obra indispensable para coñecer en profundidade o románico da zona central da provincia de Lugo.

Na presentación interviñeron Pilar García Porto, deputada e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; Javier Diéguez, párroco de San Xoán de Antas de Ulla, director de La Voz de la Verdad e rector do Santuario de O Faro; Xosé Lois García, autor do libro; e Francisco Pardo Teijeiro, coordinador da edición e director do Instituto de Estudos Ulloáns.

Presentacion Achegas á simboloxía do románico da Ulloa, Xosé Lois Garcia, Instituto de Estudos Ulloáns

De esq. a der.: Francisco Pardo, Xosé Lois García, Pilar García Porto e Javier Diéguez.

Presentacion Achegas á simboloxía do románico da Ulloa, Xosé Lois Garcia, Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns

Entrevista a Xosé Lois García en Nós Diario 22/7/2022
Entrevista a Xosé Lois García en El Progreso 25/7/2022

A presentación de Achegas á simboloxía do románico da Ulloa nos medios

 

Presentación do libro Achegas ao simbolismo do románico da Ulloa, Instituto de Estudos Ulloáns IEU, Deputación de Lugo

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn