Presentación en Monterroso do libro de Fernando García Penas ” Nai que nos pariu” (23/9/2023)
O sábado 23 de setembro de 2023 ás 18,00 h foi presentado, na nova sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso, o libro do profesor palense Fernando García Penas Nai que nos pariu. Mulleres á altura do interior.
Con esta presentación déronse por inauguradas as novas instalacións do Instituto de Estudos Ulloáns, a carón do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso.
Interviñeron no acto, en primeiro lugar Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; a continuación a filóloga e historiadora María José Gómez Alvite, que, despois de expoñer a súa análise da obra e invitar a intervir á deseñadora do libro, Iciar García, iniciou un ameno intercambio literario, a modo de diálogo, co autor do libro, o profesor Fernando Garcia Penas. Pechou o acto o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín.
De esq. a dereita: Francisco Pardo, Mª José Gómez Alvite, Fernando García Penas e Eloy Pérez Sindín
Intervención de Iciar Garcia, deseñadora da portada e contraportada do libro.
Video da intervención de Fernando García Penas