Presentación no IEU do libro de Blanco Desar Fuxir de Proxeria
O sábado 24 de agosto de 2019 ás 19,30 h tivo lugar, na sede do IEU en Monterroso, a presentación do libro de Manuel Blanco Desar Fuxir de Proxeria.
No mes de xaneiro o IEU organizou, na Biblioteca Pública de Antas de Ulla, a presentación do anterior libro de Blanco Desar Una sociedad sin hijos, un ensaio sobre o problema demográfico de Galicia, que foi presentado nesa ocasión polo xornalista Fernando Salgado e polo autor.
Fuxir de Proxeria, novela na que Manuel Blanco Desar describe unha sociedade distópica consecuencia do desequilibrio demográfico, foi presentada polo filólogo, escritor e tradutor Xavier Senín, polo director do IEU Francisco Pardo, e polo autor.
Na fotografía, de esquerda a dereita, Fco. Xavier Senín, Manuel Blanco Desar e X. Francisco Pardo Teijeiro