Presentación do libro “As Feiras de Monterroso” na sede do IEU

Presentación As Feiras de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

O sábado 18 de maio de 2019 foi presentado, na sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso, o libro “As Feiras de Monterroso” editado polo IEU en colaboración co Concello de Monterroso e a Deputación de Lugo

O libro “As Feiras de Monterroso”, coordinado por María José Gómez Alvite e Francisco Pardo Teijeiro, é un monográfico, con prólogo de Francisco Pardo, que consta de 16 artigos escritos polos socios/as do IEU:  Xesús Alonso Montero, A. García Gómez, Xosé Lois García, Fernando García Penas, María José Gómez Alvite, Paco Ledo, Carlos Méndez Vázquez, Toño Núñez, Jesús Otero Pereiras, Xulio Pardo de Neira, M. Vázquez Paredes, Divina Pérez Viña, Xoé Luis Santiso, Cristina Cadahía, Miguel Yebra.

Interviñeron na presentación a coordinadora do libro, a filóloga e historiadora María José Gómez Alvite; o director do IEU, Francisco Pardo; a deseñadora e poeta Adolfina Mesa; o historiador Jesús Otero; a arquitecta Divina Pérez; o poeta Paco Ledo; o escritor Fernando García Penas; o poeta Toño Núñez; e o alcalde de Monterroso, Miguel Rico. Presentación As Feiras de Monterroso

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn