Presentación do libro “Gorriones y halcones. El viento en la piedra” no castelo de Pambre (21/12/2024)

O sábado 21 de decembro de 2024 ás 13 h foi presentado no castelo de Pambre o libro de Carmen Blanco Sanjurjo Gorriones y halcones. El viento en la piedra, unha excelente novela histórica que narra as complexas relacións das familias nobres galegas do século XV, entre elas os Ulloa do castelo de Pambre, no contexto da sublevación irmandiña e dos intricados conflitos dunha época de grandes cambios sociais e loitas de poder.

Na presentación, organizada por La Voz de La Verdad, o Instituto de Estudos Ulloáns e o Concello de Palas de Rei, interviñeron a autora do libro, Carmen Blanco, o director do IEU, Francisco Pardo, e os actores Tania Villamarín e José Blanco, que representaron escenas da propia obra e no escenario onde precisamente se desenvolve gran parte do relato, o castelo de Pambre. Na primeira escena deron vida a Tareixa Zúñiga, I condesa de Ribadavia, e ao conde de Lemos, e na segunda escea a Maior de Ulloa e Diego de Lemos, destacados persoeiros do século XV.

Durante a presentación, a escritora convidou aos asistentes a pan branco con queixo e viño especiado que foi quentado na lareira do castelo.

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 1
De esq.a der.: Francisco Pardo, Carmen Blanco, Braulio Vilariño, José Blanco e Tania Villamarín

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 7
Os actores representando a escena de Tareixa de Zúñiga e o conde de Lemos

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 3
Representación da escena de Maior de Ulloa e Diego de López de Lemos

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 4

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 5

Presentación de Gorriones y halcones, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns 8

 

Gorriones y halcones, castelo de Pambre, 21 decembro 2024

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn