Presentación do libro “Una sociedad sin Hijos”
Organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns, tivo lugar o sábado 19 de xaneiro, na biblioteca municipal de Antas de Ulla, a presentación do libro de Manuel Blanco Desar “Una sociedad sin Hijos”, que foi presentado polo xornalista e socio do IEU Fernando Salgado.
Interviñeron no acto Francisco Pardo, director do IEU; Fernando Salgado, que falou sobre o problema da perda de poboación na comarca da Ulloa e presentou ao autor do libro; e finalmente Manuel Blanco Desar, que suxeriu diferentes propostas paliativas ao grave problema demográfico que afecta a Galicia. Rematou o acto cun ameno debate no que participou o numeroso público asistente.