Presentación do programa “Muller rural na Rede museística da Deputación de Lugo”

O luns 27 de setembro ás 12,00 terá lugar na sala de exposicións da Deputación de Lugo a presentación do programa de actividades  “Muller rural na rede museística da Deputación de Lugo” que se desenvolverá ao redor do día da muller rural  o 15 de outubro.
     O Instituto de Estudos Ulloáns colaborará coa Rede Museística da Deputación de Lugo coa instalación da exposición “A Ulloa.Fotografías centrípetas”, unha exposición colectiva de catorce fotógrafas que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres ulloás sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa Comarca da Ulloa.
    As comisarias da exposición, Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, proxectan, paralelamente, a realización de talleres relacionados coa mesma.
    Na presentación do programa participarán as comisarias da exposición e unha representante do Instituto de Estudos Ulloáns.

Presentacion actividades dia muller rural Deputación Lugo

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn