Presentación de libros de Xosé Lois García na biblioteca do IEU
Fotografía de Xosé Manuel Pérez Paredes
Coa presentación de tres libros do polifácetico escritor Xosé Lois García celebrouse o primeiro acto oficial na biblioteca da sede administrativa do Instituto de Estudos Ulloáns ( Monterroso, A Ulloa ).
Os libros presentados foron a peza teatral “O proceso a María Fidalgo” ilustrada polo pintor Lomarti; o poemario “ O soño dos ollos “ , tras cinco anos sin publicar neste xenero, con debuxos de María Guerrero, no que o autor pretende “entrelazar a poesía amorosa coa natureza, a erótica e o panteismo”; e o terceiro é o sainete “O auto do demo e da viñateira”, de crítica social e relixiosa encadrado nos parámetros do románico de Pesqueira.
Asistiron representantes da editorial Fervenza e do concello de Monterroso. Fixeron a presentación María José Gómez Alvite, en nome do IEU; Miguel Rico, alcalde de Monterroso; Héitor Picallo, estudoso da obra de Xosé Lois; e o autor.